Luns 10 de febrero. O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, destaca que a reforma da lei de administracións locais do goberno central do PP, supón “o maior ataque sufrido nunca polos concellos”.
Gómez Besteiro explicou que esta reforma suprime competencias dos concellos en materias como educación, saúde e servizos sociais.
Besteiro expuxo estas opinións na inauguración do Encontro de cooperación cos concellos, desenvolvido en Lugo:
O Telexornal mediodía da TVG non ofrece ningunha información ao respecto… pero si dúas declaracións de Gómez Besteiro sobre asuntos relacionados co PS de G-PSOE:
O xa coñecido dobre raseiro nos informativos: nada de críticas a medidas, decretos, institucións ou membros do PP, pero si todo o referido a disensións ou liortas nos outros partidos.
E corroborao unha mostra no mesmo Telexornal: antes das declaracións de Besteiro, ofrécese un video sobre os gastos dos socialistas no concello de Ourense, pero sen dar ningunha opinión dos mesmos:
Para unhas cousas tanto… e para outras tan pouco.