As protestas da frota do cerco case nin existen

O luns 10 de febrero, os mariñeiros galegos da frota do cerco protagonizan mobilizacións e incidentes en varios portos, para reclamar unha maior cuota de xarda e xurelo e para instar á Xunta a que defenda os intereses de Galicia diante do goberno central.

 
Centos de barcos protagonizaron sonoras pitadas en distintos portos galegos, en sinal de protesta, e en Vigo varios armadores e mariñeiros cortaron o tráfico en Beiramar e envorcaron contedores de lixo:
Os telexornais da TVG non deron nada sobre as mobilizacións, e limitáronse a citar brevísimamente a protesta… dentro da información sobre a captura da vieira !!!!!:
Así se dixo textualmente, en escasos segundos, ao final do video sobre a vieira:
 “Os barcos que regresaron a porto cos primeiros baldes de vieiras atopáronse coa sonora protesta da frota do cerco que amosaba o seu desacordo cos topes que lles fixaron para o xurelo e a xarda facendo soar as sirenas dos barcos”.
Algo así sucedeu o pasado venres día 7, cando centos de mariñeiros do cerco se concentraron diante da sede da Xunta en Santiago, e lanzaron grandes cantidades de peixe e mesmo romperon cristais do edificio.
Daquela, a TVG tampouco deu nin unha soa imaxe dos incidentes:
Outra ocultación de mobilizacións dun sector que se considera moi perxudicado pola política pesqueira do Goberno central e a pasividade da Xunta.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s