Eunonmanipulo queda para este martes en El Intermedio

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

                   Como profesionais da Televisión e da Radio, sabemos mellor que ninguén o que significa o tempo nas emisións destes medios. E o típico tópico cumpríuse este luns en “El Intermedio”. Ían cargados de asuntos (sobre todo a comparecencia da Infanta e os premios Goya), e a análise da manipulación informativa na TVG queda para o programa do martes 11.

Cumpridos os 10 meses de vida, e tras máis de 650 artigos publicados, as graves denuncias realizadas polos traballadores da TVG trascenderon nos últimos días fóra do noso ámbito de difusión. Primeiro en El Huffington Post, despois na Cadena SER e agora nun dos programas de máis audiencia do prime time.

Desde Eunonmanipulo queremos facer constar que só nos move a lealdade cos principios fundacionais da CRTVG, coa función de servizo público, que é a razón de ser da Radio Galega e da Televisión de Galicia, e co xornalismo veraz e independente dos intereses políticos.

Así mesmo, insistimos na demanda principal da redacción de informativos da CRTVG: a creación do Estatuto Profesional que contempla a lei dos medios de comunicación audiovisual de Galicia e a creación dun consello de informativos que vele pola obxectividade, pluralidade e independencia dos servizos informativos da CRTVG.

El intermedio emítese este martes en la Sexta a partir das 21,30 horas.

Unha opinión sobre “Eunonmanipulo queda para este martes en El Intermedio

  1. Felicidades. No veo la TVG hace tiempo porque ya me imagino todo lo que pasa, pero gracias a Gonzo y El Intermedio me entero de este blog. Alucino que no lo supiera antes. Pues desde ahora seguiré sin ver la TVG pero os leeré cada día.
    Felicidades, es una postura muy valiente y es una pena que no se sepa más. Por mi parte lo publicaré todo lo que pueda.
    Estoy orgulloso. De verdad. Con el tema de la TVvalenciana siempre pensé que era demasiado tarde para pedir el apoyo de la gente. Vosotros os merecéis el apoyo de todos los gallegos.
    Gracias. Gracias. Mucha suerte

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s