O 5 de febreiro. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz dá un prazo de dous días ao PP para que entregue a documentación relativa ás obras de ampliación da sede do partido na Rioxa. Esta solicitude está relacionada coa investigación dun apunte da contabilidade B de Luís Bárcenas de maio de 2008 sinalado como “Entrega La Rioja”.
A nova tén eco tanto en medios de ámbito estatal como en diarios galegos como La Voz de Galicia:
http://www.elmundo.es/espana/2014/02/05/52f1fcfae2704e301e8b456b.html
Porén, non existe ningunha referencia a este feito nos informativos de Televisión de Galicia, que si dedican un oco no Telexornal Mediodía dese mesmo día a unha nova publicada por “El Mundo” sobre axudas da Junta de Andalucía usadas para custear as sedes do PSOE e a UXT.