5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía.
Entre eles están as catro noites de hotel de luxo para Francisco Camps por valor de mil euros, ou Jesús Sepúlveda, ex alcalde de Pozuelo de Alarcón, ex senador ‘popular’ e ex marido da ministra Ana Mato, que recibíu case 1.000 euros en recibos e facturas de restaurantes.
http://www.abc.es/espana/20140204/abci-regalos-gurtel-imputados-201402041234.html
http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2014/02/04/52f0c837ca4741a71a8b456c.html
http://www.elmundo.es/espana/2014/02/05/52f198d122601dc5068b457d.html
http://www.elmundo.es/espana/2014/02/04/52f0f41c268e3ecd5d8b457b.html
http://www.farodevigo.es/espana/2014/02/05/trama-pago-noches-hotel-francisco/960904.html
Todo está recollido nun informe policial que detalla tamén o pagamento dunha viaxe a Nova York para Francisco Salustino García Diego, ex responsable de comunicación do PP; ou un cruceiro para o ex alcalde de Majadahonda Guillermo Ortega.
Dos chamados “servizos turísticos” tamén se beneficiaron José Galeote, ex concelleiro de Boadilla del Monte; Benxamín Martín Vasco, ex deputado do PP na Asemblea de Madrid; César Tomás Martín Morales, que traballou para o Concello de Boadilla; Ginés López Rodríguez, ex alcalde de Arganda del Rey; ou Juan José Matari, deputado do PP por Almería.
Os medios tamén dan conta de que a trama dirixida por Francisco Correa manexou 25 millóns de euros en carto negro entre 1996 e 2009, moitos deles procedentes de contratos co PP valenciano, e que vivíu durante 14 anos exclusivamente do Partido Popular.
http://www.20minutos.es/noticia/2048547/0/trama-gurtel/millones-euros/francisco-correa/
De todo esto na Galega non se deu nada, pero non pasa día que non se faga referencia ás contas de UXT en Andalucía, e máis cando están relacionadas co PSOE.