Os telexornais silencian a Nacións Unidas cando fala de España

 

foxas

O pasado día 3 de febreiro ningún telexornal recolleu as declaracións nas que Pablo de Greiff reclamaba que se xulgaran as desaparicións do franquismo. A TVG silencia a voz pero tamén a visita de dez días a España do relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición dos delitos de lesa humanidade.

A noticia aparece ese día na maioría dos medios de comunicacións á marxe da súa liña editorial pero alguén considera que non lle interesa a nosa audiencia.

http://www.rtve.es/noticias/memoria-historica/

http://politica.elpais.com/politica/2014/02/03/actualidad/1391443224_877477.html

http://www.farodevigo.es/espana/2014/02/03/onu-pide-recursos-victimas-franquismo/960126.html

Chove sobre mollado. Nos telexornais tamén se silenciou hai meses a visita e comparecencia pública do Comité de Nacións Unidas que investiga o asunto. Tampouco o informe de Amnistía Internacional sobre foxas comúns.

Hai 45.000 desaparecidos enterrados en foxas comúns en España. Temos constancia de que moitas familias galegas reclaman a recuperación dos seus restos e unha reparación, cando menos moral. Agardemos que cando Pablo de Greiff presente en setembro o informe definitivo na ONU todos poidamos enterarnos a través dos medios de comunicación públicos de Galicia.

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s