Maquillando os datos do paro

parados navl

       O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.

http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-subiu-en-xaneiro-en-113-000-persoas-745981

A continuación emitíuse unha noticia presentada con este encabezamento: “A Asociación de Industrias Metalúrxicas espera que o naval galego cree 8.000 empregos directos durante este ano e din que o desembarco de PEMEX será a chave para lograr este obxectivo…”

http://www.crtvg.es/informativos/asime-agarda-que-o-naval-galego-cree-8-000-empregos-durante-este-ano-746072

A versión doutros medios é moi diferente. Din que a industria metalúrxica galega perdeu en 2013 algo máis de 2.000 empregos, e pechou o ano con 55.400 traballadores, dos que 5.539 son operarios do sector naval, o peor rexistro de emprego neste sector dende 2005.

http://www.farodevigo.es/economia/2014/02/04/industria-metalurgica-perdio-2013-galicia/960687.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/02/04/metal-gallego-emplea-56650-trabajadores-6-2012/00031391519993002982953.htm

http://www.diariodeferrol.com/extarticulo/galicia/naval-gallego-registra-peores-cifras-empleo-2005/20140204165736171911.html

E aínda unha terceira noticia lembrábanos que o paro xa non é o problema mais urxente :

http://www.crtvg.es/informativos/a-falta-de-credito-principal-problema-para-o-consello-galego-de-economistas-746071

Ao final, os 10.000 parados máis só eran algo anecdótico…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s