3 de febreiro. O presidente de Mercadona declara diante do xuíz Ruz en relación aos papeis de Bárcenas.
Juan José Roig, recoñeceu na Audiencia Nacional que realizou dúas doazóns de 50.000 euros nos anos 2005 e 2012 para a Fundación de Análise e Estudos Sociais (Faes), dirixida polo expresidente do Goberno José María Aznar, e asegurou que tamén achegou diñeiro para a fundación do exvicepresidente do Goberno socialista María Teresa Fernández de la Vega, Mulleres por África.
Esta é información que deu a Galega.
http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-de-mercadona-nega-que-fixese-doazons-ao-pp-745442
O que non se menciona en ningún momento é que tamén é noticia do día e que o PP cargou a FAES o custo de actos a través de facturas fictícias de empresas de Correa.
A Policía di que había unha “dinámica de actuación persistente no tempo”, entre 1999-2004, consistente na emisión dunha serie de facturas a nome do PP que son anuladas con posterioridade emitíndose outras novas pero esta vez dirixidas a distintas fundacións vinculadas ao Partido Popular, nas que se altera o custo e o concepto.
As fundacións utilizadas serían Faes e outras tres radicadas na sede do partido na rúa Xénova de Madrid: Fundación Popular Iberoamericana, Fundación Instituto de Formación Política e Fundación para o Desenvolvemento Económico e Social da Comunidade de Madrid.
http://www.huffingtonpost.es/2014/02/03/pp-faes-gurtel-facturas-falsas_n_4718794.html