TVG repite un día despois noticias contra o PSdeG

descargaoprozoco

A Televisión de Galicia gústalle insistir nas noticias cando son perxudiciais para o PSdeG.  Mesmo non lle importa repetilas se así lembra asuntos espiñentos para os socialistas.         Se onte, domingo 2 de febreiro, os informativos recollían como asuntos máis importantes do sumario da operación Pokemon a suposta entrega de cartos  aos socialistas de Lugo para financiar a campaña electoral, o Telexornal Mediodía de hoxe, día 3 de febreiro,  repite o mesmo 24 horas despois.

Así se deu no Telexornal Serán:

http://www.crtvg.es/informativos/de-lara-investiga-se-empresarios-de-lugo-entregaron-cartos-para-financiar-campanas-do-psdeg-745507

No Telexornal Mediodía, a noticia está despois dos titulares, polo minuto 8.30 deste enlace.

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-745455

E así se deu nos Telexornais do domingo:

http://www.crtvg.es/informativos/novos-datos-da-operacion-pokemon-744857

http://www.crtvg.es/informativos/novos-datos-da-operacion-pokemon-744925

No bloque dedicado hoxe, 3 de febreiro, á operación Pokemon tamén chama a atención que se adiquen noticias independentes á suposta implicación de políticos municipais de Lugo e Ourense, gobernados polo PSOE, e un video conxunto a A Coruña e Santiago, onde goberna o PP.

http://www.crtvg.es/informativos/fd:03-02-2014/fh:03-02-2014/q:/c:/p:33742/o:ASC

E para rematar, o Telexornal Mediodía eludíu  as declaracións máis duras do voceiro do BNG sobre a Pokemon, que cualifica de “radiografía das cloacas de PP e PSOE”

http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-pide-a-dimision-de-todos-os-imputados-na-operacion-pokemon-745449

Aos responsables do informativo gustoulles máis este “inserto” no que case parece que se quere implicar tamén ao BNG na suposta corrupción destapada neste caso.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s