Domingo 2 de febreiro. O Presidente do Goberno, e presidente do PP, Mariano Rajoy, clausura a Convención Nacional do Partido Popular en Valladolid. Na súa intervención Rajoy fixo unhas duras declaracións contra o líder da oposición Alfredo Pérez Rubalcaba.
As declaracións de Rajoy foron recollidas por todos os medios, incluídos os telexornais da Galega.
http://politica.elpais.com/politica/2014/02/02/actualidad/1391343427_941652.html
Estas declaracións tiveron resposta inmediata de Alfredo Pérez Rubalcaba a través das redes sociais e que, como ten que ser, foron tamén recollidas por todos os medios.
http://www.farodevigo.es/espana/2014/02/02/rubalcaba-responde-rajoy-callar/959636.html
http://politica.elpais.com/politica/2014/02/02/actualidad/1391352983_713995.html
http://www.elmundo.es/espana/2014/02/02/52ee4da4ca474183418b4573.html
Todos? Non. Os telexornais da Televisión de Galicia esquecéronse unha vez máis de que hai vida fóra do PP. E especificamos os telexornais porque, curiosamente, nunha clara contradicción, a páxina web da CRTVG si informa da contestación do xefe da oposición.
A deescordinación é evidente. Ou está feito a posta?