O Telexornal Mediodía volveu evidenciar as súas artes na interpretación da realidade.
A información do domingo, 2 de febreiro sobre a operación Pokemon centrouse no alcalde socialista de Lugo, pero nin a máis mínima mención ás posibles implicacións do alcalde da Coruña, Carlos Negreira, a quen a xuíza investiga por ordenar “enchufar” persoas afíns ao Partido Popular. Por se faltase algo, no referido ao concello de Santiago, a TVG recorda (e insiste) en que afecta ao ex alcalde Conde Roa, pero oculta toda referencia ao actual mandatario Angel Currás.
Esta é a información que ofrece o Telexornal Mediodía.
http://www.crtvg.es/informativos/novos-datos-da-operacion-pokemon-744857
Como ven, céntrase na información que ofrece Faro de Vigo sobre presuntas doazóns de empresarios lugueses para a campaña de Orozco (PSOE) e na que ofrece La Voz de Galicia sobre a información que recibían Orozco e Fernández Liñares desde instancias xudiciais. Pero esquece contar outra información de La Voz na súa edición deste domingo referida ao alcalde da Coruña (PP):
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/01/galicia/1391288230_220346.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/01/galicia/1391278746_107736.html
Toda a prensa adica amplísimas informacións a este tema, que no Telexornal Mediodía foi un suspiro, entre a convención do PP e os sinistros nas estradas. É o que ten contar as cousas a medias.