“O Complexo hospitalario de Santiago executará de xeito inmediato a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o nomeamento de Manuel Bustamante como xefe de servizo de cirurxía xeral. Bustamante, que é o marido da conselleira de Sanidade, gañara o concurso no ano 2010. A sentenza alega vicio de desviación de poder e falta de motivación clamorosa.”
30 de xaneiro. Así trata o Telexornal Mediodía de Televisión de Galicia as repercusións da noticia sobre ascenso do marido da conselleira de Sanidade no hospital público compostelano.
As reaccións e peticións de demisión só se citan, sen aportar declaracións dos principais partidos da oposición.
Noutros medios falan das respercusións que unha noticia destas características podería ter no Goberno galego, e tratan o asunto con amplitude.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/30/galicia/1391090199_118358.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/01/30/feijoo-hay-privilegios-prejuicios-marido/957690.HTML
Son algúns exemplos. O asunto é noticia destacada en todos os medios galegos.