ARG aposta polo peche deste blog, pola sección sindical de Alternativa Radio Galega na RG

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

 

Seguindo coa publicación dos artigos especiais polas 100.000 visitas ao noso blog, continuamos hoxe cos textos enviados polas distintas seccións sindicais que forman parte dos comités de empresa da TVG e da Radio Galega. Hoxe corréspondelle a quenda ao Sindicato de Xornalistas de Galicia. A orde de publicación, de maior a menor representatividade, é CUT (publicado o venres, 24), CIG (publicado o sábado), UXT (domingo), USO (seguimos á espera para poder publicalo esta semana), CC.OO. (martes), Sindicato de Xornalistas (mércores) e Alternativa Radio Galega (hoxe).

 

ARG aposta polo peche deste blog

 

A existencia mesma deste blog escrito baixo o título “Eu non manipulo” é significativo do que está ocorrendo na Televisión de Galicia e na Radio Galega.

Eu non manipulo, proclámase no blog, pero é evidente que hai alguén o noso carón que engana, que terxiversa, que non conta a verdade tal cal é, que manipula. Só hai que ler este blog, cen mil veces visitado, para darse conta do que ocorre a diario nuns medios que parecen “nosos”, pero son de tódolos galegos e galegas.

E, como son de todos e de todas, temos a obriga de seguir velando pola súa imparcialidade, de loitar contra os vetos e as manipulacións, para que a televisión e a radio galegas sexan o espello dunha sociedade plural, afortunadamente chea de matices, que desexa verse e oírse nos medios de comunicación que financia cos seus impostos.

Paradoxalmente, ter cen mil visitas non é ningún éxito, nin motivo de orgullo.

Ogallá que, desde mañá mesmo, este blog deixe de ter entradas e acabe coas súas denuncias. Sería a mellor noticia para nós pero, sobre todo, para a Televisión de Galicia e a Radio Galega. Por extensión, tamén, para tódolos galegos e galegas.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s