O 27 de xaneiro dimite o Conselleiro de Sanidade da comunidade de Madrid. O motivo, unha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid suspendía cautelarmente a privatización da xestión de 6 hospitais madrileños.
O Telexornal Serán conta esta nova e ofrece a conferencia de prensa do Presidente da Comunidade Madrid, Ignacio González.
http://www.crtvg.es/informativos/marcha-atras-a-privatizacion-dos-hospitais-madrilenos-741317
Pero curiosamente a Televisión de Galicia esqueceuse da opinión dos profesionais da sanidade, a chamada “marea branca”, que son os verdadeiros protagonistas desta nova, xa que foron eles os que acudiron a xustiza para deter a política de privatización do goberno de Madrid. Outros medios si o fixeron:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/27/madrid/1390860799_954858.html
http://www.elmundo.es/madrid/2014/01/28/52e6e8bc22601d7d3c8b457c.html