24 de xaneiro. Os hospitais galegos pecharon 2013 coa maior espera para operarse dende 2006, a pesar de que con 84,2 días, a demora aumentou menos dunha xornada respecto ao exercicio anterior.
A espera para as patoloxías máis graves -prioridade 1- sitúase en 18,3 días, polo que aumenta respecto aos 17,2 días do período anterior; mentres que o tempo de demora de operacións das patoloxías graves -prioridade 2- descendeu ata os 52,2 días -era de 58,1 días ao rematar 2012.
Algúns medios destacan que o tempo medio de espera para operarse aumentou durante o ano 2013 en 26 días no Hospital de Vigo. Algo máis de 7.000 pacientes están á espera dunha intervención cirúrxica nese centro (sen incluír a quen renunciaron ou aprazou unha operación por iniciativa persoal), o que supón un millar máis que hai un ano.
http://www.20minutos.es/noticia/2038850/0/
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/01/25/sergas-cerro-ano-lista-espera/954581.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/24/galicia/1390582298_849630.html
Mentres a información que se da na Galega é a seguinte:
“O SERGAS cumpriu en 2013 os tempos de espera media comprometidos”
Cambiache ben o conto…..