22 de xaneiro. O novo episodio do procesalmente longo caso Noós leva no título o nome do actual misistro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón.
O ex-socio de Urdangarín, Diego Torres acaba de solicitar que sexa interrogado no marco do caso. Ainda que pide tamén a citación de dous membros do PSOE, o ex-ministro de industria José Montilla e o ex-secretario de Estado para o Deporte Jaime Lissavetzky, case todos os medios destacan a Gallardón; porque é sabido que ten máis galóns nun titular un ministro en activo que dous ex cargos do goberno que non poden xa dimitir de nada. Tamén é sabido que o presunto pecado, de acabar por ser pecado, sería igual para os tres.
Torres pide que os tres aclaren en que grao interviron na negociación dun convenio no que o Instituto Noós, a través da súa sucesora “Fundación Deporte, Cultura e Integración Social (FDCIS), percibiu 144 mil euros, euros públicos da Fundación Pública Madrid 16. Non existe constancia ademáis de que os traballos que tiñan que promocionar a candidatura olímpica de Madrid foran a reo. O que sí quedou xa demostrado neste proceso xudicial é que o Concello de Madrid non fixo ningunha xestión pero que xustificou esa subvención cun documento manuscrito de catro folios.
Que o xuiz Castro lle consulte á Fiscalía Anticorrupción e ás partes se deben testificar e que lles de un prazo de dez días para contestar converteuse en noticia nos informativos, tanto nas edición de mediodía como nas do serán, este 23 de xaneiro de 2014. Agás a Televisión de Galicia que despachou o tema en 34 segundos e nun pase único, exclusivo, o do Telexornal do Mediodía (xa que no serán se omitiu). Ainda que corta en tempo a información contou con rigor o esencial deste novo episodio do caso noós. As outras canles que enlazamos déronlle cabida nos titulares e adicáronlle case minuto e medio ás súas informacións.
Ler esta noticia que veñen de ler en Eunonmanipulo leva algo máis de trinta e catro segundos
http://www.elmundo.es/espana/2014/01/22/52df2ff6ca4741a17a8b4585.html
Os xornais adícanlle páxinas enteiras , os galegos, e os outros. No caso de vozpopuli aporta algo máis. Conta que Diego Torres, a través da súa defensa letrada, posúe trece probas de contactos entre Urdangarín e Gallardón para “anular o elevadísimo risco de amnesia ” do ministro.
http://www.elmundo.es/espana/2014/01/23/52e10502e2704ef06c8b4574.html
http://www.farodevigo.es/espana/2014/01/23/juez-castro-consulta-cita-gallardon/953285.html Tamén na prensa galega
A noticia, coma todas as noticias baseadas en feitos supostamente reais, ten vida propia. Ás veces cala e ás veces medra. No Telexornal do Serán da Televisión de Galicia calou e, sen embargo, nalgúns medios medrou. Vozpopuli aporta probas do contactos entre Gallardón e Urdangarín. Di que Torres ten trece probas de contactos entre os dous para “anular o elevadísimo risco de amnesia ” do ministro.