Nin estilo, nin elegancia, nin intelixencia, por Xosé Luis Muñoz, redactor emérito da TVG

descarga (1)

Hoxe publicamos o artigo sobre a manipulación que envía Xosé Luis Muñoz, redactor xubilado (emérito góstalle dicir a él) da TVG e unha das persoas con máis prestixio e máis respectadas na redacción de informativos da televisión pública. É un dos artigos da serie que publicamos estes días con motivo das 100.000 visitas ao blog.

Nin estilo, nin elegancia, nin intelixencia

A mín non me escandaliza que na TVG se manipule. Non. Vai xa para 29 anos que se empezou a manipular nela, e desde entón non parou. Iso sí, con grandes diferenzas de estilo, segundo qué xestores.

 A manipulación é unha arte. E como en toda arte, o resultado pode ser sublime, ou tamén pode ser mediocre, infame, chapuceiro. Houbo épocas, moi ao principio, nas que se manipulaba, é dicir, que se favorecía informativamente aos que mandaban; pero con estilo, con elegancia, con intelixencia. Iso require dos que manipulan que sexan estilosos, elegantes e intelixentes.
Velaquí o cerne da deboura. E é que se nos fixamos no cadro que dirixe os informativos da TVG desde hai cinco anos, nin con un candil se pode atopar un chisco de estilo, de elegancia, e moito menos un mínimo recendo de intelixencia. E ASÍ NOS VAI !!!
Xosé Luis Muñoz
Redactor emérito da TVG

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s