21 de xaneiro. O expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa pediu ao maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu que non incorpore á causa que investiga á directiva da entidade polas preferentes os seus correos corporativos difundidos por varios medios e redactados polo propio Blesa cando se encontraba á fronte da entidade.
Quere evitar que os seus 8.700 correos electrónicos corporativos se incorporen á causa. Di que eses correos se “obtiveron ilegalmente” e non poden ser utilizados.
http://www.expansion.com/2014/01/21/empresas/banca/1390298475.html
http://www.20minutos.es/noticia/2034872/0/caso-blesa/pide-audiencia-nacional/no-investigue-correos/
Mentres Bankia pediu ao Xulgado de Instrución número 9 de Madrid que lle autorice a renovar a infraestrutura tecnolóxica que soporta o servidor no que descansan os 8.777 correos electrónicos do expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa para garantir a súa íntegra conservación. Nos correos electrónicos recóllese a peculiar forma de dirixir o banco de Blesa en materias como a emisión das participacións preferentes, e as súas relacións con José María Aznar, Esperanza Aguirre, Alberto Ruiz-Gallardón. e outros dirixentes do PP.
Os amaños de Blesa dirixindo Caja Madrid seguen sen ser o suficientemente importantes para aparecer nos telexornais da Galega.