21 de xaneiro. eldiario.es publica que a Xunta prepara unha nova edición de La Vuelta para este ano 2014 e que o PSdeG, lle pedíu a Turismo que lles ofreza datos do que custou a edición anterior. Unhas cifras que, din, son especialmente relevantes “nesta situación de crise económica que estamos vivindo”. A resposta…..
O grupo socialista fixo cinco preguntas: ” Canto lle custou ao Goberno galego a participación de Galicia na Volta a España? “, ” Que gastos tivo para o Goberno galego, tanto na etapa inicial coma no resto das etapas? “, ” Que vantaxes económicas supuxo para Galicia e como se poden cuantificar? “, ” Cando pensa o Goberno que poderá recuperar o gastado na organización deste evento?, ” Coñece o Goberno o custo que tivo para os concellos o paso dunha etapa pola súa localidade? “.
A Axencia de Turismo remitiu unha resposta de dúas páxinas nas que non figura unha soa cifra económica.
http://www.eldiario.es/galicia/Xunta-oculta-Parlamento-Vuelta-Espana_0_220478632.html
O que sí da por feito o xornal e que a Axencia de Turismo pagou o anuncio de La Vuelta a través dun contrato de ” servizo de promoción do turismo galego en xeral a través do patrocinio de La Vuelta Ciclista a España 2013″. A empresa adxudicataria da contratación foi Unipublic, a propietaria e organizadora da proba por 165.289,26 euros.
Desto na Galega ren.