20 de xaneiro. A Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155 reclamou que se cre unha Comisión de Investigación no Parlamento para que se “depuren todas as responsabilidades políticas” relacionadas co sinistro. Nun comunicado, a asociación acusou a Renfe e Adif de “mentir” e de “ocultar información” á xustiza, ao tempo que consideraron que, a raíz do informe sobre seguridade incorporado á causa, “o accidente podería terse evitado”.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/20/galicia/1390222115_014280.html
Este colectivo considera que Fomento, carteira que dirixe a popular Ana Pastor, prioriza «o negocio da alta velocidade por enriba das vítimas».
Despois dunha ampla cobertura do accidente agora relegase a un segundo plano as voces críticas co ministerio de Fomento. A información que ofrece a Galega é esta ao mediodía:
E esta pola tarde:
Nas información ou non se fala da información, malia estar dispoñible dende as 14:00, tal e como se reflicte nas horas de actualización das webs dos xornais, ou se se fai referencia evítase decir que dende a asociación se acusa da Fomento de mentir e non colaborar coa xustiza.