20 de xaneiro. O plan urbanístico de Cabana inclúe a mina en Corcoesto malia a súa anulación. Así o denuncia a plataforma cidadá Salvemos Cabana. Asegura que malia a pretendida “cancelación” do proxecto o pasado 15 de outubro, ata agora non se fixo pública por escrito.
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/01/21/plan-urbanistico-cabana-incluye-mina/803624.html
http://www.galiciae.com/nova/304806.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/01/20/galicia/1390246954_068575.html
O pasado 15 de outubro a Consellería de Industria comunicou a Mineira de Corcoesto o seu rexeitamento ao proxecto de explotación dunha mina de ouro a ceo aberto que a empresa canadense pretendía realizar en Corcoesto. Aínda que o presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, insistiu en varias ocasións en que o proxecto estaba rexeitado, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deCabana de Bergantiños, en trámite de exposición pública, recolle a súa posible implantación.
Mentres a comisión de Peticións da Eurocámara decidiu este luns dar seguimento ás denuncias presentadas contra a mina de Corcoesto, na bisbarra coruñesa de Bergantiños, pola asociación Petón do Lobo, representada por Ana Martina Varela, e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, que ao non poder asistir delegou na ex eurodeputadaAna Miranda (BNG) para que a representase.
http://www.expansion.com/agencia/efe/2014/01/20/19138508.html
De todo esto nada na Galega.