Era inimaxinable hai só un ano que os traballadores da TVG deran o paso. E dérono. Démolo. Eunonmanipulo.
Era impensable a principios do ano pasado que os laios que se escoitaban en todos os recunchos da redacción tiveran unha canle de denuncia. E témola. Nósnonmanipulamos.
Prácticas ilexítimas e fruadulentas
Foi difícil organizarnos. Queriamos serlle útil á empresa e facer algo máis que cuchichear e choromicar. E chegou o compromiso. Tempos axitados, difíciles, pero a nosa lealdade coa empresa é máis poderosa que a que din ter os que a traizoan día a día coas súas prácticas ilexítimas e fraudulentas. El/Elanonmanipula.
Un clamor cotián contra a manipulación
Se alguén chega a dicirnos aquel día do mes de abril de 2013 no que publicamos a primeira denuncia (O soldo dos galegos é o terceiro máis baixo de España) que este clamor cotián contra a manipulación dos medios públicos chegaría a ser consultado por miles de persoas ata recibir 100.000 visitas en menos dun ano, seguramente o acusariamos de visionario. Vósnonmanipulades.
Non hai motivo de celebración
E aí están. E por iso imos publicar nos vindeiros días artigos de opinión que seguramente non deixarán indiferentes. Pero nin celebralo podemos. Non hai motivo ata que a televisión dos galegos estea a súa altura. Con directivos honestos este blog pecharía. Elesmanipulan.
Un consello de redacción
E mentres tanto, seguiremos loitando por un consello de redacción que defenda o xornalismo e denuncie as intromisións. E non cansaremos de conxugar todos os días: eunonmanipulo… el/elanonmanipula… vósnonmanipulades. Eles manipulan (pero teñen os días contados por impertinentes).
Actúa. Comprométete. Timanipulas?