20 de xaneiro. O ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas remite ao xuíz do caso Bárcenas, Pablo Ruz, unha carta escrita por el xunto cuns documentos que afectan ao seu antecesor nese cargo, o tamén imputado Álvaro Lapuerta.
Neses documentos, ao seu entender, confirmase “o coñecemento e autorización por parte de Álvaro Lapuerta de todos os pagamentos en B que figura nas follas de Orixe e Aplicación de fondos”.
Segundo Bárcenas, Lapuerta “expresamente recoñece ter recibido da caixa B do partido no ano 2004, mes de outubro, a cantidade de 139.700 euros para a compra de accións na ampliación de capital de Liberdade Dixital,”.
http://politica.elpais.com/politica/2014/01/20/actualidad/1390224268_072478.html
http://www.abc.es/espana/20140120/abci-barcenas-lapuerta-entrega-201401201432.html
Esta é a información que se da na Galega, uns 30 segundos, nos que non se cita a o medio dixital conservador Libertad Digital, do que supostamente o PP comprou accións.
Mentres a información sobre o presunto financiamento ilegal da UXT sí que se da con amplitude.
Unha práctica que usan habitualmente dende a dirección de informativos, minimizar os problemas do PP, mentres se tratan con amplitude os outros partidos e organizacións.