Un dos xornais máis influíntes do mundo, “The New York Times”, publica un duro editorial contra a reforma do aborto impulsada polo goberno central que preside Mariano Rajoy, cualificandoa de “ALARMANTE e RETRÓGADA”.

O rotativo estadounidense destaca negativamente o “mérito” de España ao se converter no primeiro país europeo que promove una lexislación máis restrictiva ca vixente.
Tamén resalta “The New York Times” que moitos dirixentes do PP están en contra da reforma, mentres que é apoiada polo ultradereitista francés Jean Marie Le Pen.
Así reflicten a noticia varios importantes medios de comunicación españois:
En cambio, nos Telexornais do sábado 18 de xaneiro. a TVG non da ningunha información ao respecto do publicado polo “New York Times”.
E iso que, noutras ocasións, si se ten aludido ao xornal norteamericano para diversas noticias, practicamente todas elas menos importantes que a reforma do aborto en España:
Ahí teñen algún exemplos:
http://www.crtvg.es/informativos/carta-de-putin-no-new-york-times-para-explicarlle-ao-pobo-estadounidense-a-sua-vision-sobre-siria-661388 (Telexornal mediodía do 12-9-13)
(Telexornal mediodía do 6-3-13)
(Telexornal serán fin de semana do 7-4-12)
(Telexornal serán do 6-9-13)
(Telexornal mediodía fin de semana do 21-10-12)
Igual non se da nada porque é un asunto particularmente “incómodo” mesmo dentro do propio Partido Popular.