Xa se ten comentado neste blog que o “ninguneo” e desprezo cara ao secretario xeral do PS de G-PSOE e presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, desque que foi elexido para o primeiro cargo son descarados.
Esta fin de semana, os responsables de informativos da TVG volveron dar unha clara mostra disa estratexia de persecución e desprestixio contra Besteiro.
O Telexornal serán do sábado 18 da a noticia dun comunicado do PP que critica o gasto de 7.000 euros en comidas con sindicatos, destacando especialmente o texto no que lle preguntan se “O FAI PARA HONRAR O MODELO GRIÑÁN” (sic):
É curioso e sorprendente que se destaque tanto isa noticia, e sen embargo non se da nada doutras moito máis graves con protagonismo do PP.
Por exemplo, só hai uns días o PP de A Coruña gastou 60.000 euros en tapas e bebidas do IMCE (Instituto municipal Coruña espectáculos):
E outro bastante máis grave, do que xa falamos en “eunonmanipulo” esta mesma semana: O procesamento da exconcelleira do PP en Nigrán, Ana Rosa Costas, por falsidade documental e posible fraude tributaria de máis de 400.0000 euros, polos que o fiscal solicita para ela 4 anos de prisión:
En ámbolos casos, a TVG non deu ningunha información.
Pero non acaban ahí “os ataques” contra Besteiro. O domingo 19, o Telexornal mediodía ofrece unhas declaracións do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, nas que carga contra o líder dos socialistas galegos porque seica non sabe solucionar os problemas que teñen en Ourense…
Pero non se da ningunha declaración de representantes do PS de G-PSOE sobre o asunto.
A ecuanimidade informativa dun servizo público de e para tod@s @s galeg@s.