Venres 17 de xaneiro. O concello de Narón notifica o peche da clínica privada de Miguel de Santiago Boullón, médico do Sergas, ademáis de concelleiro e voceiro do PP e deputado provincial.
O peche da citada clínica do voceiro do Partido popular en Narón prodúcese logo de que a mantivese sen licencia municipal desde hai quince anos.
Ningún informativo da Televisión de Galicia ofrece a noticia.