O venres 17 de xaneiro, aos poucos minutos de iniciado o Telexornal mediodía, emítese un bloque de noticias críticas e negativas para o PSOE, UXT e a Deputación de Lugo, que está presidida polo socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro.
Son varias informacións na fase do Telexornal que soe ter maior audiencia, case nada máis comezar. Algunha información está claramente manipulada, dun xeito burdo e/ou malintencionado.
É o caso da primeira delas, na que se di que o representante dos socialistas galegos en Madrid, Guillermo Meijón, “criticou a RACIONALIZACIÓN das administracións públicas” decretada polo goberno. Non é así. Vexan e escoiten a Meijón no video. Di que “en lugar de racionalizar… ” creará máis precariedade:
Pouco despois chega a noticia – xa habitual e constante – das diverxencias internas do PSOE no concello de Ourense:
A continuación chega unha noticia titulada “Valenciano chámalle hipócrita a Artur Mas”; pero na presentación da mesma e ao principio do video, destácase a situación que vive o PSOE cos deputados “díscolos” do PSC:
Despois emítese a declaración dunha deputada do PSC, xustificando a súa postura de non entregar as actas:
Uns segundos despois, tócalle o turno aos ERE de Andalucía, para informar que a xuiz Alaya chama a declarar a tres avogados:
E nada máis rematar esta noticia, ven a referencia a unha información publicada polo xornal “ABC”, que destaca que a Deputación luguesa subvencionou comidas da UXT:
Menos mal que despois dase unha breve reseña da contestación difundida polo voceiro socialista na Deputación:
Pero logo “vólvese á carga” emitindo as declaracións do secretario xeral da UXT en Lugo que di que sempre recibiron isas subvencións…
… E o colofón póñeno as declaracións da voceira provincial do PP en Lugo, Elena Candia, que – curiosamente – arremete contra Besteiro:
O que se di ao principio: acoso e derrubamento aos socialistas, particularmente aos de Galicia; ademáis nun Telexornal que é dos de maior audiencia da semana, e na franxa horaria máis destacada. Sería intencionado… ??