O xoves 16 de xaneiro, o voceiro do BNG, Xavier Vence, solicita que o alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), dea una explicación “detallada, extensa e clarificadora” sobre as imputacións de persoas relacionadas co concello, na Operación Pokemon.
Vence mostrouse moi crítico coas palabras do alcalde do Partido Popular, que minimizou o alcance da trama coruñesa da Pokemon, denominada “Pikachu”, porque – segundo Negreira – “afecta unha pequena parte da administración local”.
Para o BNG, “todo o que sexa sombra de corrupción debe ser inmediatamente depurada e clarexada de forma pública. A cidadanía ten dereito a saber”.
As afirmacións de Vence prodúcense despois de que 19 persoas relacionadas co concello da Coruña fosen imputadas. Entre elas están o tenente de alcalde e voceiro municipal Julio Flores (PP), e o concelleiro socialista José Nogueira.
A TVG non deu nada sobre esta noticia.