Europa cuestiona a imparcialidade da Fiscalía Xeral do Estado

 

Mércores 15 de xaneiro. Un informe difundido polo grupo anticorrupción do Consello de Europa alerta sobre os casos de corrupción en España e o risco de manipulación da xustiza.
Pero destaca especialmente o referido á figura do fiscal xeral do Estado. O informe solicita revisar o método de selección, xa que a “percepción da independencia do fiscal xeral do Estado é preocupante”
O Consello de Europa pide que se realicen esforzos para que a Fiscalía “sexa e pareza imparcial, obxectiva e libre de toda influencia ou inxerencia externa”.
E tamén compre salientar que os expertos do grupo anticorrupción europeo “lamentan que España estaba en 2008 entre os 20 países menos corruptos do mundo, e o ano pasado situouse no posto número 30”:
A diferenza destes medios, a TVG non fai ningunha referencia á figura do fiscal xeral e a súa falta de independencia respecto ao goberno, nin a que España é agora mesmo o 30º país  do mundo con maior corrupción. Emítese a mesma información no Telexornal mediodía e no Telexornal serán:
TX1:
TX2:
Outro exemplo de información “tibia” e/ou insubstancial cando alude a circunstancias negativas para o PP, neste caso para o goberno central.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s