O martes 15 de xaneiro, os sindicatos que convocaron a folga xeral na sanidade pública galega o pasado mes de decembro denuncian, en rolda de prensa conxunta, as “privatizacións”, a implantación dos novos “copagamentos” e a redución de persoal, que cifran nuns 1.500 profesionais.
Os representantes dos traballadores destacaron “a baixada da calidade da sanidade, o aumento das listaxes de espera pola diminución do persoal, e a derivación dos pacientes á privada coa fin de vender a sanidade pública”.
Tamén resaltaron que a política sanitaria da Xunta vai abocar aos usuarios a “ter que pagar por todo”, cando a sanidade xa a pagan os cidadáns cos seus impostos:
Os Telexornais da TVG só emiten unha breve declaración da representante da CIG, na que pide que a Conselleira de Sanidade acuda á vindeira xuntanza sectorial… Non se da o importante das denuncias sindicais, e ofrécese o máis trivial.
No Telexornal mediodía:
E no Telexornal serán:
A xa clásica estratexia de ocultar as críticas relevantes contra o PP ou, coma neste caso, dar a versión “light”.