No pleno extraordinario desenvolvido no concello de Sanxenxo o martes 14 para que a alcaldesa Catalina González (PP) dese explicacións pola súa imputación por supostos delitos de corrupción, prodúcese un feito rechamante e insólito.
A voceira do PP no concello, María Deza, contestou ás críticas da oposición do seguinte xeito: “Antes, en época de Franco, por su manera de hablar ustedes estarían en el calabozo esperando la pena de muerte”.
As reaccións políticas e sociais non se fixeron agardar, mesmo pedindo a imputación penal da voceira do PP por apoloxía do fascismo.
A TVG non deu ninguna información sobre os feitos.
Non é a primeira vez, porque en xullo do ano pasado ocultáronse as palabras do alcalde de Baralla, Manuel González (PP), cando nunha saída de “nostalxia franquista” afirmou que os que foron condeados a morte por aquel réxime “merecíano”.