A querencia dos responsables dos servizos informativos pola información municipal parece diluirse cando se trata de informar de asuntos incómodos para o Partido Popular.
O martes, 14 de xaneiro, no pleno do concello da Coruña, falouse da chamada operación Pikachu. O BNG preguntou ao alcalde se tiña previstocesar os cargos políticos e de confianza imputados pola xuíza, entre eles o número 2 do concello e do PP coruñés, Julio Flores. Contestou éste en nome de Carlos Negreira.
Desde a súa imputación foron contadas as veces nas que Julio Flores fixo declaracións. Unha delas foi onte, pero a TVG preferiu relegar a información ao seu informativo local da Coruña-Ferrol, pero sen declaracións e en apenas 19″.
A decisión non ten nada que ver coa que se toma cando se trata de infiormar, as veces ao detalle, de asuntos incómodos para outros alcaldes. Claro que eses outros edís non teñen o carnet do Partido Popular (Caballero, Orozco e Fernández).