O martes 14 de xaneiro, os grupos parlamentarios da oposición critican duramente a decisión da Xunta de aplicar en Galicia o copagamento de fármacos hospitalarios, cando outras comunidades tamén gobernadas polo PP non o fan.
O voceiro socialista, José Luis Méndez Romeu, definíu a Feijóo como «abandeirado da desmontaxe acelerada da sanidade pública», mentres a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, acusou ao presidente da Xunta de «abundar nunhas políticas criminais».
Finalmente, polo BNG, Ana Pontón cualificou o copagamento como una medida cruel, e lamentou que Feijóo “en lugar de situarse a carón da cidadanía, elixe ser fiel escudeiro das políticas de Madrid”:
Ningún Telexornal dese día ofrece nada sobre esas críticas a Feijóo e á Xunta.