O martes 14 de xaneiro, a exalcaldesa de Betanzos e actualmente deputada do PP no Parlamento de Galicia, María Dolores Faraldo, pon o seu cargo a disposición do partido logo de coñecerse o día anterior que será xulgada por dous posibles delitos: prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa no concello betanceiro.
O Telexornal mediodía ofrece dúas “pezas” sobre a noticia: as declaracións do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e as dos grupos da oposición e a vicevoceira parlamentaria do PP:
Pero o Telexornal serán, esa mesma tarde, non ofrece nada sobre a noticia !!!!!
Un silencio “sospeitoso” que contrasta co tratamento informativo realizado ao mediodía.