Luns, 13 de xaneiro. Coñécese a noticia de que a exalcaldesa de Betanzos María Dolores Faraldo, do Partido Popular, será procesada polos posibles delitos de prevaricación e falsidade documental.
Así se emite a información no Telexornal serán da TVG:
En ningún momento se cita que Faraldo, actualmente deputada no Parlamento de Galicia, pertencía como alcaldesa e segue pertencendo agora ao PP, nin no texto da noticia nin nos rótulos sobreimpresionados que a complementan.
Soe ser unha “norma” nos informativos da TVG: evitar mencionar a pertenza ao Partido Popular daqueles membros que están acusados, imputados, procesados ou mesmo condenados por algún delito.
O mesmo día, no Telexornal mediodía, cando se fala do pleno de Sanxenxo no que a alcaldesa Catalina González (PP) se declara inocente dos supostos delitos polos que está imputada (prevaricación, cohecho e tráfico de influencias), non se cita ao principio que pertence ao PP, nin tampouco nos rótulos de acompañamento.
Só se di polo medio da noticia, dun xeito apenas destacado:
A tibieza e/ou aversión a resaltar as situacións negativas para o PP e os seus representantes.