O martes 14 de xaneiro, trala xunta de voceiros do Congreso dos deputados, arrecian as críticas dos partidos da oposición a Rajoy despois da súa visita a Obama nos Estados Unidos.
Mentres IU di que o presidente do goberno explícalle a Obama o que non fai no Parlamento español, o PSOE destaca que Rajoy xa debe coñecer o grave problema do paro en España sen que llo diga o presidente norteamericano.
E UPyD, por medio da súa voceira no Congreso, Rosa Díez, cuestionou a importancia do encontro, ironizando con que “antes ían a Lourdes, e agora á Casa branca”.
Ningún Telexornal da TVG informou das críticas da oposición ao encontro de Rajoy con Obama.