Nada da bronca entre Ignacio González e Pedro J

           O luns 13 de xaneiro, durante o programa matinal da cadea COPE, prodúcese un duro enfrontamento entre o presidente da Comunidade de Madrid, Ignacio González (PP), e o director de El Mundo, Pedro J Ramírez.
 
         González acusou a Pedro J de atacalo para evitar que sexa o vindeiro candidato do Partido Popular, e cualificou de lixo o que publica o xornal. Textualmente díxolle: “Usted no publica más que basura”.
         Numerosos medios de comunicación deron a noticia:
        Malia esa ampla repercusión da noticia, a TVG non ofreceu absolutamente nada sobre a mesma.
         Igual porque queda en moi mal lugar un presidente autonómico do PP (Ignacio González) que chama sen ningún recato a un programa de radio porque está descontento coa información que publica un xornal. Penoso, e aínda máis penoso non informar sobre o asunto.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s