10 de xaneiro. O empresario Ignacio López del Hierro Bravo, marido da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, presentou a súa demisión como vogal do consello de administración de Amper. Presentou a súa dimisión por motivos persoais e “posibles futuras incompatibilidades”.
http://www.elmundo.es/economia/2014/01/10/52d02189ca474174578b456a.html
http://economia.elpais.com/economia/2014/01/10/actualidad/1389368288_417050.html
Del Hierro tamén é conselleiro de Iberdrola, onde desembarcou tras renunciar a un posto de conselleiro en Rede Eléctrica Española (REE), empresa que conta cunha participación do 20% do Estado.
López del Hierro tivo dúas frontes xudiciais abertas nos últimos tempos. Por un lado, o caso dos papeis de Bárcenas, no que a acusación popular pediu ao xuíz a súa imputación como suposto autor de doazóns ao PP. E, por outro, a investigación da Fiscalía de Cantabria sobre os pagamentos de Liberbank a Hilo de Inversiones.
Por suposto na TVG nada de nada.