23 de decembro. O secretario xudicial e o equipo de axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) que rexistraron a sede central do PP durante 14 horas entre o xoves e o venres pasado requisaron 5.067 folios relacionados coa reforma das oficinas de Xénova, 13, fronte ás 520 fotocopias que a dirección do partido facilitou o pasado 10 de agosto ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, que investiga un suposto delito fiscal polos presuntos pagamentos en negro por esas obras.
Arquivo por meses: Decembro 2013
Baixa o número de abortos coa lei que van reformar
23 de decembro. Os abortos baixan por primeira vez desde que entrou en vigor a lei de prazos.
O conservador The Times critica a reforma da lei do aborto
23 de decembro. O diario conservador The Times na súa editorial de hoxe critica a nova norma promovida polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, e afirma que “pode danar a saúde e a vida familiar das mulleres”. “Levar ao Código Penal un dereito sobre a saúde das mulleres e a súa reflexión é un abuso de poder gobernamental”.
Gallardón e os tratos de favor en Caja Madrid
23 de decembro. O actual ministro de Xustiza, Alberto Ruiz- Gallardón, apoiou cando era alcalde de Madrid a continuidade de Miguel Blesa en Caja Madrid e intercedeu en favor de empresarios e executivos para que obtivesen bo trato na entidade financeira.
Cataluña non cortará a luz ou o gas aos pobres
23 de decembro. O Goberno catalán impide que se corte a subministración de electricidade ás familias pobres en inverno que entra en vigor a partir do 1 de xaneiro.
Francia critica a lei do aborto de Gallardón
22 de decembro. A ministra de Dereitos das Mulleres e voceira do Goberno francés, Najat Vallaud-Belkacem, considerou “un retroceso” a reforma da lei do aborto presentada polo Executivo español, e manifestou a súa “fonda preocupación” pola mesma.
http://www.elmundo.es/espana/2013/12/22/52b74cff22601dc6728b4586.html
A Galega non se fixo eco desta nova.
Ocultando a denuncia dos concellos contra a Deputación da Coruña (PP)

Os representantes deses concellos suliñaron en rolda de prensa as “numerosas irregularidades” e a distribución “clientelar” dos fondos da Deputación, e mesmo desvelaron presións para que desistisen das súas reclamacións.
Non houbo protestas contra a lei do aborto en Galicia ??
O venres 20 de decembro, o goberno do PP aproba a reforma da lei do aborto, que para a oposición política e para gran parte da cidadanía é a máis restrictiva e involucionista en moitos anos.
Outra vergoña “desinformativa” cos correos de Blesa e o PP
O xornal “El país” publica o xoves 19 de decembro numerosos correos electrónicos de comunicacións internas de Miguel Blesa cando estivo á fronte de Cajamadrid, nos que se desvelan tratos de favor a políticos do PP, investimentos multimillonarios innecesarios ou decisións impostas por membros do Partido popular, entre outras moitas irregularidades.
Non importan as acusacións dos sindicatos policiais polas medallas
O xoves 19 de decembro, os tres sindicatos maioritarios da Policia nacional pídenlle aos mandos condecorados polo seu traballo tralo accidente do tren en Angrois, que “se lles queda un mínimo de dignidade” renuncien ao recoñecemento concedido.
Debe estar conectado para enviar un comentario.