Ningún dos telexornais da Televisión de Galicia do martes 30 de decembro informou da enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre as condicións de vida das familias galegas. O informe reflicte, entre outros datos, que a crise e a situación económica obrigan ó 60% dos mozos galegos a continuar vivindo na casa dos pais ou que o risco de probreza cernese xa sobre 16 de cada 100 fogares galegos.
Deste estudo si se fixeron eco, pola contra, o resto dos medios de comunicación galegos mesmo nas súas portadas
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/12/31/60-jovenes-gallegos-viven-padres/940485.html
Pero que lles ocorre aos responsables dos informativos da Galega, ¿que non lles gustan as estatísticas? ou ben, ¿non quixeron contradicir ás palabras do discurso de fin de ano de Feijóo nas que dixo que Galicia está sabendo afrontar axeitadamente a situación?. Tamén pode ser que sigan ó pe da letra esa máxima do xornalismo: “que a verdade non che estrague un titular”.