Son os abortos ‘santos inocentes’ para a TVG?

aborto gallardon

A redacción de Informativos de Televisión de Galicia non sae do seu asombro ó ler a noticia sobre as manifestacións a favor e en contra da reforma da lei do aborto  que o sábado, 28 de decembro,  emitiu a canle autonómica. Traballadores da propia tele galega, e supoñemos que moitos espectadores, quedaron atónitos cando escoitaron no Telexornal Mediodía relacionar as manifestacións co día dos Santos Inocentes.

Así, textualmente, se pode ler aínda na páxina web.

“No día dos Santos Inocentes, o debate sobre o aborto volve estar nas rúas.Igual que aconteceu onte, nas tres capitais provinciais do País Vasco volveu haber esta mañá manifestacións contrarias á reforma legal na materia emprendida polo Goberno. E mentres, en Madrid, os presidentes de Dereito a Vivir e Provida, encabezaban unha protesta antiabortista ás portas dunha clínica, que simularon converter nunha gardería ao tempo que expresaban a súa repudia daqueles, dixeron, que se lucran co negocio da morte.”

E iso foi exactamente o que se leu en emisión.

http://www.crtvg.es/informativos/manifestacions-a-favor-e-en-contra-do-aborto-en-madrid-e-euskadi-723322

Queren comparara ós fetos que se abortan con “santos inocentes”?  Pensan que as manifestacións a favor ou en contra do aborto son unha inocentada?  Ou refírense á polémica reforma do ministro Alberto Ruiz Gallardón?  No se explica esta comparación.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s