27 de decembro. Público informa de que o director de Negocio de Caja Madrid Matías Amat informou por correo electrónico o 22 de outubro de 2008 ao entón presidente da entidade, Miguel Blesa, que Gerardo Díaz Ferrán incumprira o contrato dos préstamos recibidos en 2004 e 2005 para Seguros Mercurio.
Malia iso, Caja Madrid outorgou menos dun mes despois, o 17 de novembro de 2008, un préstamo de financiamento semellante a Díaz Ferrán, nesta ocasión por 24 millóns de euros e referido a Viajes Marsans.
Desta información, coma en prácticamente todo o caso Blesa, non se deu información na Galega, como que Caja Madrid condonou 12,25 millóns de euros de débedas aos socialistas e 4,32 millóns de euros aos populares cando el presidía a entidade.