Ocultando a denuncia dos concellos contra a Deputación da Coruña (PP)

gelo_2012_g.gif
                       Os concellos de Oleiros, Teo e Narón denunciaron diante dos tribunais de xustiza á Deputación da Coruña, presidida por Diego Calvo (PP), polo reparto de subvencións do organismo provincial, que consideran discriminatorio.

                     Os representantes deses concellos suliñaron en rolda de prensa as “numerosas irregularidades” e a distribución “clientelar” dos fondos da Deputación, e mesmo desvelaron presións para que desistisen das súas reclamacións.

                     O alcalde de Oleiros chegou a asegurar que tentaron compralo, ofrecéndolle unha obra para o concello a cambio de non acudir á vía xudicial.

http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/oleiros-naron-y-teo-presentaran-recurso-contra-el-reparto-de-subvenciones-de-la-diputacion/gmx-niv14-con16529.htm

http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/garcia-seoane-diputacion-quiso-comprarme-no-estoy-venta/20131220225926163807.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/21/oleiros-naron-teo-llevan-justicia-diputacion-corunesa-ayudas/0003_201312G21P15991.htm

                Sorprende ese silencio se o comparamos co tratamento que se fai nos Telexornais deste sábado 21 da protesta de cargos e militantes do PP de Lugo contra a Deputación que preside o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro.

                No Telexornal mediodía:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-lugues-pidelle-a-besteiro-que-rectifique-o-plan-de-emprego-da-deputacion-por-electoralista-720209

                E no Telexornal serán:

                 http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-lugues-pidelle-a-besteiro-que-rectifique-o-plan-de-emprego-da-deputacion-por-electoralista-720257

                 E resulta moi estrano que os informativos da TVG non ofrezan nada da rolda de prensa dos representantes de Narón, Teo e Oleiros… cando estivo presente un equipo da TVG, como se comproba polo micrófono situado na mesa (xunto con outro da Radio galega).

                  Alguén debería dar algunha explicación.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s