O xornal “El país” publica o xoves 19 de decembro numerosos correos electrónicos de comunicacións internas de Miguel Blesa cando estivo á fronte de Cajamadrid, nos que se desvelan tratos de favor a políticos do PP, investimentos multimillonarios innecesarios ou decisións impostas por membros do Partido popular, entre outras moitas irregularidades.
É sen dúbida un dos grandes escándalos na vida política española dos últimos tempos, que destacan de inmediato a práctica totalidade dos medios de comunicación españois; ademáis do propio “El país”, televisións, radios e xornais:
http://politica.elpais.com/politica/2013/12/18/actualidad/1387403931_559022.html
A TVG, noutra “vergoña desinformativa” clamorosa, só da uns segundos sobre a noticia, tanto no Telexornal mediodía coma no Telexornal serán, xa moi avanzados e sen darlle o realce que realmente merece o caso. Incrible e lamentable.
No Tx1 está a continuación da información sobre a xuiza Alaya:
E esta é a información que se emite no Tx2:
Resulta aínda máis penoso ese insignificante tratamento informativo dos manexos do PP en Cajamadrid, cando o comparamos co que fan os responsables de informativos da TVG con asuntos coma os ERE ou as presuntas corruptelas de sindicatos en Andalucía.
Para non extendernos demasiado, ahí teñen algúns exemplos recentes; son informacións en distintos Telexornais, que aluden a noticias publicadas en xornais. Todas elas foron bastante máis destacadas -en tempo e realce- que a deste xoves sobre os correos de Blesa e o PP.
Luns 16 de decembro. ABC sobre o pago dunha suite a Cándido Méndez:
Mércores 4 de decembro. “La razón” fala de cobros irregulares de CC. OO. en Andalucía:
Martes 3 de decembro. ABC publica datos sobre UXT Andalucía:
Luns 2 de decembro. Varios xornais fan referencia á contabilidade de UXT:
Luns 4 de novembro. “El mundo” alude a pagos irregulares a sindicalistas de CC. OO.:
Martes 29 de outubro. Dous xornais ocúpanse de supostas facturas irregulares no caso dos ERE en Andalucía:
A lista de “agravios comparativos” sería longa e extensa. En calquera caso, o tratamento da noticia sobre os correos de Blesa en Cajamadrid destapando corruptelas e posibles delitos do PP é unha mostra clara e evidente da manipulación informativa que ven denunciando habitualmente este blog.