E o aumento de altos cargos e soldos na Deputación da Coruña (PP) ??

                         O mércores 18 de decembro, logo de varios días negandoo, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo (PP), recoñece e xustifica o aumento de altos cargos no Organismo provincial.

           A reestructuración levada a cabo por Calvo e o seu partido na Deputación coruñesa -o PP ten maioría absoluta- mesmo pode ser ilegal, segundo advertíu o departamento de Intervención da propia institución.

           Calvo decidíu crear dez novos altos cargos, algúns deles cun salario de 66.000 euros ao ano, e a suba de soldos para outros vintecinco xefes da Deputación, a pesar da forte oposición mostrada polos outros partidos con representación, o PS de G – PSOE e o BNG.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/17/galicia/1387308011_837976.html

          Nos últimos días, o propio Diego Calvo chegou a cualificar de “infundadas” as denuncias de creación de novos altos cargos e o aumento de salarios a distintos xefes “de confianza” do PP na Deputación:

http://www.europapress.es/galicia/noticia-diego-calvo-tilda-infundadas-denuncias-aumento-altos-cargos-sueldos-diputacion-coruna-20131217130446.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/diego-calvo-tilda-infundadas-denuncias-aumento-altos-cargos-sueldos-diputacion-coruna/idEdicion-2013-12-17/idNoticia-842925/

http://actualidades.es/noticias/diputacion-de-la-coruna-tacha-de-infundadas-las-denuncias-de-aumento-de-altos-cargos-y-sueldos

          Todo un exemplo de austeridade en tempos difíciles… do que non informou a TVG en ningún dos seus Telexornais deste mércores 18.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s