O mércores 18 de decembro coñécese unha noticia moi negativa para Galicia e os seus estaleiros.
A compañía petroleira mexicana Pemex confirma que 22 dos 25 barcos da frota menor aos que optaban empresas galegas coma Valiña ou Freire, construiranse finalmente en México:
En contraste co despregamento informativo do luns 16, cando se coñeceu que Pemex ía fabricar 5 barcos en estaleiros galegos o vindeiro ano, este mércores os Telexornais da TVG non dan absolutamente nada sobre a mala nova da frota menor.
Xa ocorreu o mesmo -ocultar a noticia- meses atrás, cando un alto cargo de Pemex anunciara que eses 22 barcos se ían facer en México e non en Galicia:
http://www.farodevigo.es/economia/2013/07/30/responsable-pemex-afirma-22-barcos/853151.html
E tamén contrasta o silencio dos Telexornais deste 18 de decembro, co amplo tratamento informativo que se lle deu anteriormente, sobre todo cando o conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde, estivo en México para negociar con Pemex.
Día 14 de xuño, noticia no Telexornal serán:
Día 15 de xuño, noticia no Bos días:
Porqué agora non se da nada desta decisión de Pemex contraria aos intereses de Galicia ??.. A TVG non só está para ensalzar os logros da Xunta e do PP. Tamén para dar noticias tan importantes coma esta, aínda que sexa negativa.