Este martes 17 de decembro, unha concentración en Madrid da plataforma das vítimas do accidente de tren de Angrois solicita a creación dunha comisión de investigación parlamentaria, tanto no Congreso dos deputados coma no Parlamento de Galicia.
Os manifestantes afirmaron que se o goberno e o Partido Popular non apoian a proposta é porque teñen algo que ocultar. Teresa Gómez Limón, que resultou ferida no accidente aquel 24 de xullo, leu un manifesto no que destacou que “facendo nosas as verbas da Ministra de Fomento, Ana Pastor, non acougaremos ata que se saiba a verdade”.
Así resaltan a concentración varios medios:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/17/galicia/1387292291_919263.html
http://www.elmundo.es/espana/2013/12/17/52b074e6268e3e84058b4587.html
E así o Telexornal mediodía da TVG:
:http://www.crtvg.es/informativos/as-vitimas-de-angrois-piden-unha-comision-parlamentaria-717478
Non se citan as referencias ao goberno e ao PP, nin á Ministra Ana Pastor nin ao Parlamento de Galicia… pero é pior o Telexornal serán: non da absolutamente nada sobre esta noticia.