Os soldos da Xunta por non traballar

Luns 16 de decembro. Faise pública unha situación laboral insólita e sorprendente. A Xunta págalle os soldos a vinte traballadores que permanecen nas súas casas e non teñen que acudir a traballar.

Trátase de profesionais pertencentes á Axencia galega de desenvolvemento rural (AGADER), que foron despedidos hai un ano.

Presentaron denuncia nos xulgados e gañaron. O Tribunal superior de xustiza de Galicia está desestimando todos os recursos da Xunta.

                            Non van ao posto de traballo porque a Consellería de Medio Rural non lles encomenda tarefas, a pesar de que eles queren ser readmitidos e desempeñar o labor diario.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/15/galicia/1387135175_334357.html

           É dicir, a Xunta négase a readmitir a traballadores aos que lles paga puntualmente cada mes os seus salarios.
 
             Algo totalmente contrario a calquera criterio de rendemento e eficacia, e lamentable sobre todo nunha administración pública.

              A TVG non da ningunha información sobre o asunto.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s