Nada sobre a diminución das rendas en Galicia

             O luns 16 de decembro divúlgase que a renda de Galicia, segundo datos da Unión europea, retrocede ao nivel no que estaba seis anos atrás. É dicir, o poder adquisitivo dos galegos e galegas reducíuse notablemente e sitúase como en  2007.

           É un dato negativo, que recolle o principal xornal de Galicia dun xeito destacado:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/12/16/renta-gallega-retrocede-6-anos-aleja-media-ue/0003_201312G16P22994.htm

           Pero os Telexornais da TVG do mesmo luns non ofrecen absolutamente nada do asunto.
           Ese silenciamento dunha noticia relevante en Galicia – aínda que negativa – contrasta co que se fai habitualmente con outras máis “positivas”.
           Citamos só tres exemplos ocorridos nos últimos días.O primeiro no Telexornal mediodía do mesmo 16 de decembro, sobre a reducción da morosidade no comercio en Galicia:
           Tamén no Telexornal mediodía, neste caso o venres 13, destácase que a débeda pública baixa en Galicia:
           E o mércores 11, no Bós días, ofrécese outra nova “en positivo” sobre a comercialización dun fármaco contra a esclerose múltiple:
           Son só algúns exemplos. Pero cando as noticias son malas e/ou negativas para Galicia (o que soe asociarse á mala xestión da Xunta do PP), os responsables de informativos da TVG optan pola ocultación.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s