Os policías protestan polas medallas, pero só fala Juárez

O 13 de decembro, numerosos medios de comunicación destacan as críticas dos sindicatos policiais pola concesión de medallas -e complementos económicos- para determinados axentes e mandos tralo accidente de tren ocorrido en xullo en Santiago.

         Os sindicatos denuncian que foron premiados policías que nin chegaron pisar as vías en Angrois, non estiveron no lugar, e simplemente fixeron os atestados sentados comodamente diante do ordenador.
 
          Así reflectiron varios medios a noticia da indignación dos representantes policiais:
 
 
 
 
 
         Pero a TVG, no Telexornal mediodía do día 13, só ofrece a opinión do delegado do goberno, Samuel Juárez, que xustifica que se lle outorguen as medallas e os suplementos económicos aos mandos:
 

http://www.crtvg.es/informativos/juarez-ve-xusto-que-se-premie-os-mandos-policiais-polo-accidente-de-angrois-715566

Non é a primeira vez que se ocultan informacións críticas cos mandos e xefes das forzas e corpos de seguridade, aínda que coma neste caso haxa unanimidade entre os propios policías.

Igual é para non incomodar ao delegado do goberno en Galicia, Samuel Juárez, un home moi vencellado ao PP…

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s